Autor: Xosé Antonio Neira Cruz
Ano: 2021, Editorial Galaxia
Cita:
“Aquela noite había prevista sesión de marcha. Quedara con Chusqui e con Cata para irmos a un concerto ao Toural. Un deses concertos do mes da Ascensión. “Músicas alternativas”, chamábanlle ao ciclo.
-Mentres non cante Bisbal…
Antes, a iso das oito e media, iámonos ver para tomar algo e poñernos ao día. No Malas Pécoras, como case sempre. Entrementres, tiña por diante case dúas horas para seguir falando do divino e do humano -nunca mellor dito- coa musa do novo xornalismo compostelán. Diante de nós, toda unha batería de páxinas despregada, tiradas da recompilación preparada por meu pai ou do bolso que Santiso trouxera canda si e que, como puiden descubrir non sen sorpresa, parecía non ter fondo.”
Máis información: Editorial Galaxia
