Viveiro, 1979
Poeta e xornalista afincada en Compostela. Comezou a gañar premios poéticos xuvenís e na actualidade conta con diversos recoñecementos e galardóns de poesía. Ademais, canta e toca o teclado no grupo Atrás Tigre.
Obras destacadas
- As cervicais da memoria (2005, Edicións Fervenza).
- aquí (intemperies) (2006, Grupo Correo, Concello de Santiago, AELG).
- Libro de Alicia (2008, Espiral Maior).
- Ningún precipicio (2013, Toxosoutos).
Fotografía: Santos Díez (Ollo de Vidro-ACAB) / Wikipedia
Máis información: Wikipedia