Saltar ao contido

Os anos escuros

    Autor: Xosé Luís Franco Grande

    Ano: 2004, Editorial Galaxia

    Cita:

    “Pero a tertulia do Café Español foi tamén centro de encontros, unha encrucillada, un lugar onde confluían moitos camiños. Por alí pasaron, e alí foi onde os coñecemos, Álvaro Cunqueiro, Isidro Parga Pondal, Ferro Couselo, Carballo Calero, Daniel Cortezón, Celestino F. de la Vega, Paco del Riego e case todos os que en Galicia estaban facendo algo polo país. E seguirían pasando nos anos seguintes pintores como Virxilio, González Doreste ou Rivas Briones, novos poetas e escritores que se incorporaban á Universidade e outros – como Novoneyra ou Manuel María – xa consagrados, cun nome e cunha obra. En pouco tempo, pasamos da sensación ou da certeza de vivir nun ermo cultural ou nun deserto fantasmagórico á seguridade de que a vida cultural do noso país era vizosa e de que o porvir tiña sentido.”

    Máis información: Editorial Galaxia