Autor: Antón Riveiro Coello
Ano: 2016, Editorial Galaxia
Cita:
“Estou convencida de que ese día máis de un se enfrontou á incerteza de se esa mocosa podería confirmar no futuro todo ese talento que despregara no escenario. Todos sabiamos, mesmo eu -daquela apenas tiña seis anos, coma ela-, que o seu destino estaba marcado pola sorte da súa nai, Deolinda, unha prostituta de Trás-Os-Montes que viñera ao Pombal aliviar a miseria e que, a diferenza doutras moitas que tamén vendían o corpo e carecían de preparación, polo menos sabía ler e escribir.”
Máis información: Editorial Galaxia