Autor: Carlos Casares
Ano: 1979, Edicións do Cerne
Cita:
“Para demostrarlle o infundado e gratuíto das súas acusacións, don Francisco obrigou os seus soberbios rivais a cambiar de local máis de dez veces. Nunha ocasión meteulles dentro do que tiñan na rúa do Villar unhas gargalladas escandalosas que non se sabía de onde viñan, e unhas voces con insultos persoais, igualmente de procedencia ignorada, que facían imposible levar calquera reunión cun mínimo de seriedade. Outra vez, volveulles inservible un local da Algalia de Arriba, ao que se mudaran para fuxir daquelas molestias, promovéndolle un cheiro noxento e constante, de peido ou cousa peor, que provocaba o vómito dos asistentes.”
Máis información: Galipedia