Autoría: Xosé María Palmeiro, Suso de Toro, Xavier Villaverde, Emilio Cao, Carlos Quiroga, Xosé Manuel Sarille, Quico Cadaval, Xurxo Souto
Ano: 2000, Universidade de Santiago de Compostela e Galego no Mundo Latim em pó –Compostela 2000– Concello de Santiago
Cita:
“A fornada que chegou a Compostela arredor do setenta e tres deixou as vellas pensións polos modernos pisos construídos en série, con materiais industriais estandarizados. Hoxe certo bo gosto rexeita o Ensanche. Daquela tíñamos admiración, nunca manifestada, por esa expresión do progreso en que crian máis os nosos pais, e sublimábamos os bairros periféricos e as escasas fábricas. Despois condenámos o estándar por impersoal e, na onda romántica buscamos o xenuíno, o único, o que se dicia que era máis noso, por vello, tradicional e irrepetíbel. Unha noiva dixérame unha vez que me levaria a unha rua da cidade vella pola que nunca pasara ninguén. A frase apontáralla un mozo anterior, algo poeta. Ao escoitar isto o sanroquiño abriu a boca e case non a volveu pechar. Descobrimos a rua da Moeda Vella, acarón de San Martiño Pinario, e tiña razón a rapariga.”
[Fragmento de De San Roque a Compostela, de Xosé Manuel Sarille.]
Máis información: Culturagalega.gal [PDF]
