Autoría: Manuel María
Ano: 1993, Editorial Compostela
Cita:
“A flor da melancolía agrómache nos beizos
en soedade de bicos e de luz
como unha camelia a medio murchecer.
A luz fuxiuche – ¡ouh sombras de San Paio,
Santo Domingo, o Sar, Belvís e Santa Clara!-
por un carreiro de auga e de luar
a un lugar misterioso, sen gardas ou fronteiras.
Sempre na penumbra dos teus silencios
-¡ouh soportais da Rúa Nova e do Vilar!-
docemente alumados pola alba.
Compostela da tebra e máis da pomba
a desfollar as lembranzas máis amadas
Carlomagno, Xelmírez, Isabel de Portugal,
don Gaiferos, Faraldo, Rosalía, Castelao,
Otero Pedraio, Maside e Bouza-Brei-
nunha doce margarida que non pode morrer.
¡Compostela da sombra percurando vieiros
polos que cecáis aínda non fuxiron
as máxicas roseiras que non che floreceron!”
Máis información: Casa Museo Manuel María
