Ourense, 1888-1976
Xeógrafo, profesor, escritor e político, natural de Ourense, que conta cunha ampla obra narrativa, ensaística e dramática. Estudou en Santiago, onde residiu anos despois ao acadar a cátedra de Xeografía na USC. Foi membro da Xeración Nós, ingresou nas Irmandades da Fala e exerceu como responsable da área de xeografía do Seminario de Estudos Galegos. Ademais, foi membro da Real Academia Galega e un dos fundadores a Editorial Galaxia, cuxa asemblea fundacional tivo lugar o 25 de xullo de 1950 no Hotel Compostela. En 1988 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
Obras destacadas
- Os camiños da vida (1928, Editorial Nós).
- Pelerinaxes I (1929, Editorial Nós).
- A lagarada (1929, Editorial Nós).
- Arredor de si (1930, Editorial Nós).
- Contos do camiño e da rúa (1932, Editorial Nós).
- Fra Vernero (1934, Editorial Nós).
- Teatro de máscaras (1934, Editorial Galaxia).
- O mesón dos ermos (1936, Editorial Alauda).
- Historia de la cultura gallega (1939, Emecé Editores).
- Las palmas del convento (1941, Emecé Editores).
- Las ciudades gallegas (1951, Ediciones Galicia).
- O libro dos amigos (1953, Centro Gallego de Buenos Aires).
- Entre a vendima e a castañeira (1957, Editorial Galaxia).
- O señorito da Reboraina (1960, Editorial Galaxia).
- O espello na serán. Entre o Pedroso e o Viso (1966, Editorial Galaxia).
- Galicia: una cultura de Occidente (1975, Editorial Everest).
- Rosalía (1985, Editorial Galaxia).
- Contos de santos e nadal (1988, Editorial Galaxia).
Fotografía: Wikipedia
Máis información: Wikipedia