Autor: Fernando Epelde
Ano: 2019, Concello de Santiago
Cita:
“VARIOS: Estamos no noso dereito!
ANTONIO: Oian, imos proceder a retirar o autobús, estamos diante dun colexio. Xa case é hora da saída dos nenos… Por última vez: Disólvanse. Isto non pode ser. E menos aquí.
Polo lado dereito do escenario entra un grupo colorista e algo estrafalario. Trátase dunha agrupación de travestís vestidas para matar. Chegan arrasando. Algunhas tropezan nos seus propios tacóns. O ambiente tínguese de todas as cores que existen e algunhas que aínda non foron descubertas.
Os defensores do autobús viran as súas cabezas para miralos.
ANTONIO: Bo!… o que faltaba.”
Máis información: Contexto Teatral