Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 1990
Historiador da literatura, crítico literario, filólogo, lingüista e escritor, nado en Ferrol e finado en Compostela. É autor dunha extensa obra e está considerado o ideólogo do reintegracionismo. Ademais, foi o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas da USC, tamén formou parte do Seminario de Estudos Galegos, foi numerario da Real Academia Galega e membro de honra da Associaçom Galega da Língua. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no ano 2020.
Obras destacadas
- Vieiros (1931, Editorial Nós).
- O silenzo axionllado (1934, Editorial Nós).
- Anxo de terra (1950, Gráficas Torres / Anjo de terra na edición de 1980, Ediciós do Castro).
- Os tumbos (1950, Alba).
- A xente da Barreira (1951, Bibliófilos Gallegos).
- As pitas baixo a chuvia (1952, Lar).
- Poemas pendurados dun cabelo (1952, Colección Xistral).
- A cegoña (1957, Vida Gallega).
- Salterio de Fingoy (1961, Editorial Galaxia).
- Aos amores serodios (1979, Grial).
- Pretérito imperfeito (1927-1961) (1980, Ediciós do Castro).
- Futuro condicional (1961-1980) (1982, Ediciós do Castro).
- Teatro completo (1982, Ediciós do Castro).
- Narrativa completa (1984, Ediciós do Castro).
- Provérbios otomanos (1985, Agália).
- Cantigas de amigo e outros poemas (1980-1985) (1986, AGAL).
- Scórpio (1987, Sotelo Blanco. Premio da Crítica de narrativa galega).
- Reticências… (1986-1989) (1990, Sotelo Blanco).
Fotografía: Wikipedia
Máis información: Wikipedia