Santiago de Compostela, 1982
Filólogo, escritor e músico compostelán, licenciado en Filoloxía Galega e en Dirección de Escena. Comezou publicando poesía e teatro en diversas revistas, tamén publicou algunha novela pero sempre estivo moi vinculado co teatro, ao igual que o seu pai, Roberto Vidal Bolaño. Actualmente é director de escena, crítico e estudoso do feito teatral.
Obras destacadas
- Oral ping-pong (2008, Dorna n.32).
- Pop (2010, Xunta de Galicia).
- Un coitelo manchado de graxa (2011, Xunta de Galicia).
- KinderTotenFuga (poema dramático contra o paso do tempo) (2011, Casahamlet n.13).
- Cans e cadelas do século XIX (2011, Dorna n.35).
- Canción triste de Wall Street, en Banqueiros, de Francisco Pillado Maior (2012, Laiovento).
- Teatro (2013, Espiral Maior).
- Atracos (2015, Madrigal).
- As tres mortes (por asfixia) de Ester V. Lavandeira (2017, Editorial Galaxia).
- Marcha fúnebre para un monicreque (2017, Baía Edicións).
- As máscaras brancas (2019, Edicións Positivas).
- Boisaca ou a divina desgraza. En Neorretranca e Posmorriña (2019, Edicións Positivas).
Fotografía: Wikipedia
Máis información: Wikipedia