Autoría: Montse Fajardo
Ano: 2024, Edicións Positivas
Cita:
“Non é descoñecida a vinculación entre represión e tolemia. Nin tampouco é exclusiva da ditadura. No século XVIII empeza a considerarse a demencia como unha enfermidade, pero iso non evita a estigmatización de quen a padece. A tola non era unha delincuente pero igual había que separala do resto da xente porque, fixera mal ou non, estorbaba. Os manicomios abren as portas e, canda as persoas enfermas, crúzanas aquelas que resultan especialmente molestas ¹. No franquismo, entre quen amola están todas esas mulleres que se afastan do seu modelo único de nai e esposa, e por iso os psiquiátricos van competir cos cárceres á hora de recibir aquelas que transgriden o nacionalcatolicismo. Se nos homes se persegue o delito, nelas só cómpre unha suposta falta de moralidade para merecer castigo.”
Máis información: Edicións Positivas
