Vigo, 1935 – Teo, 2023
Naceu en Vigo pero con, apenas un mes de vida, trasládase a Compostela, onde residirá parte da súa vida. Escritor, poeta, narrador, ensaísta e columnista de prensa. Tamén foi membro do plenario da Real Academia Galega desde 1992, institución da que foi vicesecretario. Cultivou ensaio, narrativa e poesía, sendo considerado como membro da Xeración das Festas Minervais. Formou parte de numerosas entidades culturais e foi fundador da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG); da Asociación de Tradutores en Lingua Galega (ATLG); da Fundación Castelao; do PEN Clube de Galicia e da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil. Ademáis, obtivo numerosos recoñecementos como o Premio da Xunta de Galicia á Creación Cultural en 1988, o Premio O Escritor na súa Terra da AELG no 2004, Premio Cultura Galega das Letras no 2012, Premio Voz da Liberdade do PEN Clube de Galicia no 2013 e Medalla de ouro e título de Fillo adoptivo de Santiago de Compostela en 2014.
Obras destacadas
- Ao pé de cada hora (1967, Editorial Galaxia).
- Tempo de Compostela (1978, Edicións do Cerne. Premio da Crítica de poesía galega).
- 37 debuxos para un país (1985, Ediciós do Castro).
- Compostela (1989, Barcelona).
- Obra poética (1993, Espiral Maior).
- De onte a hoxe. Ensaios xornalísticos dende Compostela (1993, Editorial Compostela).
- Pegadas no alcatrán (1994, Café Central, Barcelona).
- Rafael Dieste: vida e obra en lingua galega (1995, Real Academia Galega).
- Cidade virtual (2003, Biblos Clube de Lectores).
- Cantos de ausencia (2004, A Nosa Terra).
- O caleidoscopio (1992, Contos do Castromil, Ir Indo).
- Os misterios de Monsieur D´Aillier (1992, Editorial Galaxia. Premio da Crítica de narrativa galega).
Fotografía: Arquivo AELG – Santos-Díez (Ollo de Vidro-ACAB) (2007)
Máis información: AELG