Saltar ao contido

Sangue no dron

    Autor: Ignacio Vidal Portabales

    Ano: 2022, Edicións Xerais

    Cita:

    “A catedral, coas súas rúas adxacentes, constituía o núcleo da cidade medieval, conformada por prazas e calellas, nas que o nome o outorgaba o gremio que alí exercía o seu oficio: a praza das Praterías, onde o brillo dos metais daba lustre ás torres do edificio relixioso; a rúa das Hortas, cuxa humidade refrescaba o viandante; a da Peixería Vella, con aquel cheiro animal que nin o incensario da Igrexa Catedral sería quen de eliminar; a da Acibechería, que se anunciaba pola voaxa de carbón fosilizado do ambiente, e que podería escurecer ata o ceo máis claro; a da Caldeirería, na que os artesáns exhibían os seus traballos á porta das casas, atribuíndo á rúa a impresión de ser un escaparate multicolor; e tantas outras rúas que non puideron sobrevivir á guerra. Naquela vella cidade, as igrexas, de diferentes épocas e tamaños, diseminábanse coma as ovellas nun prado e lembrábanlle a todo o mundo que o seu pasado estivo nalgún momento ligado indisolublemente á relixión. Todo quedara reducido a cinzas.”

    Máis información: Edicións Xerais