Saltar ao contido

Santiago de Compostela desde dentro

    Autora: Marilar Aleixandre

    Ano: 2019, Alvarellos Editora

    Cita:

    “Seguindo por Casas Reais e tomando a rúa Travesa chégase ao convento de Santo Agostiño onde se ubicaba, cando Rosalía era moza, o Liceo de la Juventud ou Liceo de San Agustín. Era o Liceo, arredor dos anos 50, un fervedoiro de actividades culturais nas que participaban as mulleres e nel Rosalía trabou amizade con galeguistas e republicanos como Aurelio Aguirre e Eduardo Pondal, talvez con Manuel Murguía e adquiriu unha notable formación cultural. No Liceo, Rosalía protagonizou en 1854, aos dezasete anos, Rosmunda de Gil y Zárate, interpretando a protagonista, amante clandestina do rei Henrique II de Inglaterra”.

    Máis información: Alvarellos Editora