Autoría: Federico García Lorca
Ano: 1935, Editorial Nós
Cita:
DANZA DA LÚA EN SANTIAGO
“Fita aquel branco galán,
olla seu transido corpo!
É a lúa que baila
na Quintana dos mortos.
Fita seu corpo transido,
negro de somas e lobos.
Nai: A lúa está bailando
na Quintana dos mortos.
Quen fire potro de pedra
na mesma porta do sono?
É a lúa! É a lúa
na Quintana dos mortos!
Quen fita meus grises vidros
cheos de nubens seus ollos?
É a lúa, é a lúa
na Quintana dos mortos.
Deixame morrer no leito
soñando con froles de ouro.
Nai: A lúa está bailando
na Quintana dos mortos.
Ai filla, co ar do ceo
vólvome branca de pronto!
Non é o ar, é a triste lúa
na Quintana dos mortos.
Quen brúa co este xemido
de imenso boi melancónico?
Nai: É a lúa, é a lúa
na Quintana dos mortos.
Si, a lúa, a lúa
coronada de toxos,
que baila, e baila, e baila
na Quintana dos mortos!”
Máis información: Galipedia
