Autoría: Fermín Bouza-Brey
Ano: 1955, Livraria Cruz
Cita:
“DENDE O OUTO LARAÑO
Dende o outo Laraño
non é xa Compostela…
O ceo máis meus ollos
van cobertos de brétema.
Carballos outonizos
das lonxanas devesas,
acibros espiñentos,
fidels tolle-merendas,
que vivís apegados,
que sodes dos que quedan,
cando pase a rolada
de follas ventureiras,
mirai por si topades
meu corazón antre elas.“
Máis información: Real Academia Galega
