Cangas, 1981
Co seu primeiro poemario As feridas dun amor efémero, publicado na editorial Alvarellos, gañou o Certame Literario de Vilalba en 2022.
É licenciada en Filoloxía Hispánica pola USC, posúe o Celga 5 e traballou en diversos centros de Santiago como profesora de lingua e literatura, onde reside desde o ano 2000. Tamén comisionou exposicións literarias no pazo de Fonseca, en colaboración coa Vicerreitoría de Cultura da universidade.
Actualmente, dirixe un Curso de Escritura Creativa no CSC de Santa Marta e compaxina o labor docente coa produción literaria, a publicación de artigos en revistas como a de Filoloxía Románica da Universidade Complutense de Madrid e a participación en recitais poéticos.
Obras destacadas
- As feridas dun amor efémero (2022, Alvarellos Editora. Premio Certame Literario de Vilalba, 2022)
Fotografía: Concello de Vilalba.
Máis información: Alvarellos Editora