Saltar ao contido

Teito de ferro

    Autor: Juan Besada

    Ano: 2022, Ediciones Carena

    Cita:

    “(…) mira nese rebumbio de xente en Cornes, que vén de chega-lo tren da mañanciña coas peixeiras de Carril mailos canteiros de Osebe. Mira atento. Velaí tes: elas na plataforma a enrodelar coas mans os panos para poderen soste-los cestos na testa cadanseus antes de iniciaren o camiño até Santiago, cara á Plaza, para vende-lo peixe. Mira neses bocois de viño do Ribeiro que haberán de quedar gardados no almacén que está cabo da entrada ao espazo da Estación, e a carón do hotel onde paran os viaxeiros e ao que entra agora un que ten porte de viaxante, valaí vai, e trae licores que chegan ao peirao de Carril desde o de Vigo e que non reparou na señora Elena, mai de Osende, nin na súa irmá, Aurora, que andan a esta hora as dúas na redonda da Estación á procura de viaxeiros que lles puidese resultar parar na casa delas no Campo durante a súa estancia en Vilamercede, e ausentes mesmo todos da penuria que haberá de vir despois da treboada, tan lonxe aínda do que estás a ver agora.”

    Máis información: Cuadernos del laberinto