Saltar ao contido

Tempo de pedra

    Autoría: Ramón Area

    Ano: 2015, Editorial Canela

    Cita:

    “Goeiro iniciara unha desas exploracións cognitivas á usanza que pretendían identificar aqueles casos con afectación da memoria ou da orientación.

    -Podería vostede dicirme onde está?

    -Por suposto doutor. Este é o Hospital psiquiátrico de Conxo.

    -Efectivamente. Agora, dígame cantos anos leva vostede ingresado neste hospital.

    -Dous anos. Fago tres o mes que vén.

    -Perfecto. Sabe vostede o nome da súa enfermidade?

    -Din que é unha esquizofrenia paranoide.

    -Dinlle? Vostede non o cre?

    -Claro que non. Nunca o crin. Pero hai meses que estou disposto a tomar as medicinas aínda que me dean de alta.”

    Máis información: Editorial Canela