Monforte de Lemos, 1969
Escritora e profesora de Linguística Xeral na Universidade de Santiago de Compostela. Cultiva todos os xéneros literarios, recibindo múltiples premios. Desde o ano 2013 escribe e publica en galego-portugués. É académica numeraria da Academia Galega da Língua Portuguesa e directora do CIFEX (Centro Interdisciplinar de Investigações Feministas e de Estudos de Género).
Obras destacadas
- A xeira das árbores (2004, Sotelo Blanco. Premio Lueiro Rey e Premio San Clemente).
- Outro idioma é posible: na procura dunha lingua para a humanidade (2005, Editorial Galaxia. Premio Ramón Piñeiro de ensaio 2004).
- Herba moura (2005, Edicións Xerais. Premio Xerais de Romance, Premio Benito Soto, Premio da AELG e Premio da Crítica Española).
- A palabra das fillas de Eva (2005, Editorial Galaxia. Premio Fundación Galega da Crítica).
- Benquerida catástrofe (2007, Edicións Xerais).
- A casa dos lucarios (2007, Edicións Xerais).
- Unha primavera para Aldara (2008, Deputación da Coruña / 2009, Edicións Xerais. Premio Rafael Dieste de Teatro e Premio María Casares).
- O natural é político (2008, Edicións Xerais).
- A intervención (2010, Edicións Xerais).
- Cínicas (2010, Universidade da Coruña).
- Ecolingüística: entre a ciencia e a ética (2011, Universidade da Coruña).
- Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións (2012, Editorial Galaxia. Premio Ramón Piñeiro de ensaio 2011).
- Eu violei o lobo feroz (2013, Através Editora).
- Politicamente incorreta (2014, Através Editora).
- Uma mãe tão punk (2014, Chiado Editora).
- Ostrácia (2015, Através Editora).
- Um elefante no armário (2017, Através Editora).
- Linguística eco. O estudo das línguas no Antropoceno (2020, Através Editora).
- Sopas New Campbell (2020, Cuarto de Inverno).
- A tribo que conserva o lume (2020, Através Editora).
- Lingüística se escribe con A (2021, Catarata / En galego-portugués: 2022, Através Editora).
Fotografía: Cedida por Teresa Moure
Máis información: AELG