Autoría: Suso de Toro
Ano: 2025, Edicións Xerais
Cita:
“Ese home de trinta e catro está sentado fronte doutro de setenta e cinco, unha figura pública que tivo un papel decisivo no modelar a cultura galega e o galeguismo nos corenta e cinco anos anteriores a ese momento en que se encontran, o ano 1990.
Hai unha mesa circular no medio, é das que chaman «mesa braseiro», concibidas para acoller debaixo un braseiro que quente as pernas de quen senta, protexidas por un faldrón que cobre a superficie e as patas da mesa. Mais nesta ocasión a mesa está espida, mostra o seu esqueleto de patas de pau de piñeiro e a superficie circular de madeira aglomerada.”
Máis información: Edicións Xerais
