Saltar ao contido

Uxío Novoneyra

    Seoane do Courel, 1930 – Santiago de Compostela, 1999

    Poeta e escritor, nado en Seoane do Courel. O Courel foi o principal referente físico para os seus versos, considerados dos mellores no tocante á paisaxística, dentro da literatura galega. Ademais, os seus poemas contan cunha grande carga política, sen faltar tampouco textos intimistas e amorosos. En 1952 fixo o servizo militar, en Parga, primeiro, e Santiago de Compostela, despois. Trinta anos despois volveu a Compostela onde viviu até a súa morte. Foi elixido presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega e no ano 2010 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

    Obras destacadas
    • Os eidos (1955, Editorial Galaxia).
    • Elegías del Caurel y otros poemas (1966, Ediciones Rialp).
    • Os eidos II (1974, Editorial Galaxia).
    • Poemas caligráficos (1979, Número 1 dos Cuadernos da Guadaña, Brais Pinto).
    • Do Courel a Compostela (1988, Sotelo Blanco).
    • Gorgorín e Cabezón (1992, Edelvives).
    • Poemas de doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras (1994, Espiral Maior).
    • Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín (1998, Edelvives).
    • Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago e outras rotas (1998, Hércules de Ediciones e Xunta de Galicia).
    • Contos de Roxín Roxal, de Uxío Novoneyra (2020, Xunta de Galicia-Fundación Uxío Novoneyra).

    Fotografía: Arquivo da Fundación Uxío Novoneyra

    Máis información: Fundación Uxío Novoneyra