Saltar ao contido

Ventre de madeira

    Autoría: José Carou

    Ano: 2025, Edicións Xerais

    Cita:

    “Cando era cativo e aínda miña nai non construíra este ventre de pau para min, levoume a un espectáculo de maxia a Santiago. Era no Teatro Principal. Antes de baixar o corredor da platea, quedei hipnotizado coma un babiolo mirando para a lámpada de araña con tres patas invertidas que penduraba do teito, tan arriba que metía medo. «Mil novecentas noventa bágoas de cristal precioso colgan de cada un dos brazos!», bisbou ao meu ouvido miña nai. Memoricei a cifra. Desde aquel día as proporcións da grandiosidade na arte ou da riqueza das familias mídoas polo seu valor respecto desa cantidade.”

    Máis información: Edicións Xerais