Saltar ao contido

Xelís de Toro

    Santiago de Compostela, 1962

    Natural de Compostela, Xelís de Toro é un escritor e músico e performer. Licenciouse en Filoloxía Galega pola USC e foi lector de galego nas universidades de Birmingham e Oxford. En 1990 fundou Edicións Positivas xunto con Paco Macías. Actualmente, traballa en proxectos musicais e artísticos colaborando con artistas no Reino Unido e Galicia. Ademais dos seus libros de narrativa, tamén publicou poesía e literatura infantil.

    Obras destacadas
    • Seis cordas e un corazón (1989, Edicións Xerais. Premio Compostela Cultural).
    • Non hai misericordia (1990, Edicións Xerais. Premio de narrativa Cidade de Lugo).
    • Terminal (1994, Edicións Positivas).
    • Paco Peco Pequeneiro e o lagarteiro miope (1997, Sotelo Blanco).
    • O neno perdido (1998, Edicións Xerais).
    • O trompetista e a lúa (1999, Rodeira).
    • Paco pequeneiro e o mundo do revés (2000, Sotelo Blanco).
    • Os saltimbanquis no paraíso (2000, Sotelo Blanco. Premio San Clemente).
    • The Corunna boats (2004, Edicións Xerais).
    • A máquina contacontos (2004, Rodeira).
    • Riofero (2009, Edicións Xerais).
    • The book of invisible bridges/O libro das pontes invisibles (2012, Pighog press).
    • O trompetista e a Lúa (2015, Edicións Xerais).
    • A porta dourada (2018, Edicións Xerais).
    • Etceteramente (2022, Edicións Xerais).

    Fotografía: Manuel Vilariño

    Máis información: Wikipedia