Seixas (Cospeito), 1949
Mestre e escritor, licenciado en Filosofía e Letras pola USC e catedrático de Lingua e Literatura Galega de Ensino Medio. É membro fundador do PEN Clube de Escritores de Galicia e formou parte do colectivo de renovación poética Cravo Fondo. Comezou moi cedo a súa carreira literaria e cultivou o ensaio, a narrativa e a poesía, logrando numerosos galardóns e recoñecementos. Ademais, colabora asiduamente na prensa con artigos de opinión e crítica literaria.
Obras destacadas
- A terra prometida (1975, Akal).
- O sangue na paisaxe (1980, Edicións do Cerne, con Helena Villar Janeiro. Premio Manuel Antonio, 1981).
- Morrer en Vilaquinte (1980, Universidade de Santiago de Compostela, con Helena Villar Janeiro. Premio Galicia de Narrativa).
- No aló de nós (1981, Universidade de Santiago de Compostela, con Helena Villar Janeiro. Premio Galicia de Narrativa).
- Saraverde (1987, Editorial Galaxia).
- A palabra secreta (1989, Editorial Galaxia).
- Branca de Loboso (1991, Editorial Galaxia. Premio Álvaro Cunqueiro de narrativa).
- Poldros de música (1993, Sociedade Cultural Valle-Inclán. Premio Esquío de poesía).
- Cabeleira de pedra (1993, Consorcio de Santiago / Reeditado en 2004 e en 2017, Selic, con Helena Villar Janeiro).
- As sombras do barroco (1994, Editorial Galaxia).
- Os dedos dos loureiros (2000, Deputación da Coruña).
- Como levar un morto (2002, Sotelo Blanco).
- Dona e Don (2004, Editorial Galaxia, con Helena Villar Janeiro).
- Os anos da memoria (2006, Espiral Maior).
- Mentres a herba medra (2007, Editorial Galaxia. Premio Blanco Amor).
- Lugar do canto (Selección poética bilingüe, 1969-2007) (2008, Litoral das Rías).
- Sobre ruínas (2013, Alvarellos. Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor Libro de poesía ou teatro de 2013 e Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de poesía de 2013).
- Memoria do corpo (2018, Editorial Galaxia. Premio Gala do Libro e Premio Libro do Ano en 2019).
- Caldobada en terras de Valverde (2020, Alvarellos).
Fotografía: Arquivo AELG – Eduardo Castro Bal (Ollo de Vidro-ACAB) (2014)
Máis información: AELG