Sebil, Cuntis, 1895 – Santiago de Compostela, 1936
Mestre, xornalista, avogado, escritor e político socialista e galeguista. Traballou en xornais como El Compostelano ou El Pueblo Gallego, para alén de colaborar en A Nosa Terra e fundar o xornal El País Gallego. Foi copropietario con Arturo Cuadrado da libraría e editora Niké. En 1936 participou na fundación da Asociación de Escritores de Galicia. Ao pouco do golpe de Estado do 36, fundou o Terzo de Calo para defender a legalidade republicana, mais acabaría detido e encarcerado. Fusilárono o 12 de setembro de 1936 no cemiterio de Boisaca. O Concello de Santiago dedicoulle unha rúa.
Obras destacadas
- Agarimos. Versos da y-alma (1921, La Comercial).
- Ana María (1925, Lar).
- A filla da patrona (1926, Lar).
- A modelo de Paco Asorei (1933, Editorial Nós).
- Regionalismo, nacionalismo, separatismo (1933, Editorial Nós).
- Felisa (2007, Edicións Fervenza).
Fotografía: Galipedia
Máis información: Galipedia