Saltar ao contido

Xosé Antonio Neira Cruz

    Santiago de Compostela, 1968

    Licenciado en Filoloxía italiana e en Ciencias da Información, destaca como escritor de literatura infantil e xuvenil, aínda que tamén publicou obras de narrativa, poesía e ensaio. Colaborou en diversas publicacións periódicas, dirixiu a revista Fadamorgana e escribiu guións para radio e televisión. Coordinou ademais as coleccións “Sete Mares”, “Árbore” e “Costa Oeste” da Editorial Galaxia. É mestre de Xornalismo na USC.

    Obras destacadas
    • Ó outro lado do sumidoiro (1989, Edicións Xerais. Premio Merlín).
    • Os gatos de Venecia (1993, Edelvives).
    • As porcas porquiñas (1997, Everest).
    • Valdemuller (1998, Ediciones SM. Premio Barco de Vapor).
    • As cousas claras (2000, Edicións Xerais. Premio Merlín).
    • A memoria das árbores (2000, Kalandraka).
    • Os ollos do tangaleirón (2000, Editorial Galaxia. Premio Barco de Vapor).
    • A caixa do tesouro (2001, Kalandraka).
    • O home máis rico do mundo (2001, Kalandraka).
    • O armiño dorme (2002, Editorial Galaxia. Premio Raíña Lupa).
    • Eu son adoptada (2004, Editorial Galaxia).
    • A viaxe a Compostela de Renato Ratoni, rato de compañía de Cosme III de Médicis (2004, Xunta de Galicia).
    • Mambrú, cociñeiro de perfumes (2005, Planeta & Oxford).
    • A noite da raíña Berenguela (2005, Oxford. Premio Lazarillo).
    • Gatos e leóns (2006, Oxford).
    • Unha chea de familias (2008, Editorial Galaxia).
    • O punto da escarola (2009, Baía Edicións. Premio Barriga Verde).
    • Sopa de Xarope de amora (2009, Edicións Xerais. Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil).
    • Jan estivo alí (2010, Editorial Galaxia).
    • O medo de Mo (2010, MacMillan).
    • Unha costura no tempo (2010, Oxford).
    • Pedra sobre pedra (2011, Baía Edicións-Xunta de Galicia. Premio Barriga Verde).
    • O sono das sereas (2017, Editorial Galaxia. Premio de Narrativa Breve Repsol).
    • O enigma do baúl pechado (2019, Editorial Galaxia. Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro).
    • Veleno de tinta impresa (2019, Edicións Xerais. Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo).
    • O enigma de Santiago (2021, Editorial Galaxia. Premio Raíña Lupa).
    • Por mor de cinco pizzas ós catro queixos (2022, Editorial Galaxia. Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro).

    Fotografía: Wikipedia

    Máis información: Wikipedia