Saltar ao contido

Yolanda Castaño

    Santiago de Compostela, 1977

    Escritora nada en Compostela, que escribe principalmente poesía e literatura infantil e xuvenil. Deuse a coñecer na adolescencia, a través de premios de poesía menores e con 17 anos publicou o seu primeiro libro, Elevar as pálpebras (1995) grazas ao Premio Fermín Bouza Brey de 1994. Ao longo da súa traxectoria recibiu moitos outros recoñecementos como o Premio Johán Carballeira ou o Premio da Crítica Española en 1998.

    Obras destacadas
    • Elevar as pálpebras (1995, Espiral Maior. Premio Fermín Bouza Brey).
    • Delicia (1998, Espiral Maior).
    • Vivimos no ciclo das Erofanías (1998, Espiral Maior. Premio Johán Carballeira e Premio da Crítica española).
    • Edénica (2000, Espiral Maior).
    • O libro da egoísta (2003, Editorial Galaxia).
    • Punver (2006, Editorial Galaxia).
    • Profundidade de campo (2007, Espiral Maior. Premio Espiral Maior de Poesía).
    • Erofanía. Triloxía poética (1995-1998) (2009, Espiral Maior).
    • Cando eu saiba ler (2009, Galaxia).
    • Punver de volta (2009, Galaxia).
    • Verdedades (2012, Biblos Clube de Lectores).
    • A segunda lingua (2014, PEN Clube de Galicia. Premio de poesía Novacaixagalicia).
    • Coller as rendas (2015, Xerais).
    • O puño e a letra. Antoloxía en cómic poético (2018, Xerais).
    • Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias (2021, Xerais).
    • Planeta, planeta (2021, Baía).
    • Materia (2022, Xerais).

    Fotografía: Arquivo AELG – Autoría: Santos-Díez (Ollo de Vidro-ACAB)

    Máis información: AELG