Saltar ao contido

Compostela literaria

Guía literaria de Santiago de Compostela

Recursos lúdicos

Recursos pedagóxicos e lúdicos relacionados coa Compostela Literaria: city scape, xogos interactivos, itinerarios virtuais, etc.

Mapa literario

Xeolocalización de obras e autoras e autores, para alén doutros espazos relacionados co mundo da literatura.

Artigos

Publicación de artigos escritos por persoas relacionadas co mundo da literatura e con Compostela.

Concha Castroviejo nun fotograma de Peregrinaxe lírica aos lugares rosalianos (1951),

Que é Compostela Literaria?

Compostela Literaria, iniciativa da área de Acción Cultural do Concello de Santiago, ofrece unha visión panorámica da relación entre a nosa cidade e a literatura. Artellada ao estilo dunha guía, esta web comprende tanto un mapa literario como unha mostra de obras e autoras e autores de marcada compostelanía, sexa esta nativa ou adoptiva, sexa por relevancia ou por intensidade. Complétase esta proposta cunha serie de recursos lúdicos e con diversos artigos escritos por persoas relacionadas co mundo da literatura. Inclúese ademais a sección participativa Microficcións.

“Soan de Conxo as campanas.
Beben os bois n’o teu rio
Y o sol alegra á escampada.
D’as tuas casas terreñas
Say fume y os galos canta…
!Quen en tan fresco retiro
Dirá que as dores fan lama!”

Follas Novas (1880), Rosalía de Castro

“e o ecoar dos sons multiplicava-se na fronteira do céu e invadia as beiras do Sarela e as corredoiras tortas de Corregins e as abas do Pedroso ali onde tremiam a carqueija e o espinho, en pé os escarvos da terra, abanadas por uma morna aragem”

1968 (2018, Laiovento), Vítor Vaqueiro

“daquela pídesme que dea un paso adiante: ven
convídanos a pasar o timbre secreto da catedral
queima o granito fervendo as tripas
dos nenos amantes
que fan súa a natureza fachendosa da cidade
e ao unísono preguntan que hora é?
cando chegamos?”

Ningún precipicio (2013, Toxosoutos), Olalla Cociña

Microficcións: (d)escribe Compostela!

Queres partillar a túa propia creación? Envíanos a túa microficción e terás a posibilidade de formar parte do mapa literario compostelán!