Saltar ao contido

Microficcións

Escribes? Apeteceríache ver o teu texto na nosa web? Anímate a enviárnolo e inserirémolo no mapa de microficcións*. A extensión máxima é de 300 palabras e o principal requisito é que as obras estean ambientadas no Concello de Santiago de Compostela.

* Mais que é unha microficción?

Nesta iniciativa definimos microficción como un texto onde o importante é o reducido da súa extensión, xa que pode contar cun máximo de 300 palabras. O texto non ten que ser ficcional e pode estar escrito en calquera lingua. Exemplos de microficcións: historias curtas, reflexións, diálogos, poemas, extractos de obras máis longas…

Todos os textos remitidos serán moderados para garantir a súa adecuación ao mapa.

O copyright da microficción pertence á persoa autora. Ao enviala a Compostela Literaria, esa persoa concorda con que sexa publicada na web compostelaliteraria.gal, para alén de nas redes sociais asociadas ao proxecto, de forma indefinida. Só se terán en conta textos sen copyright de terceiras persoas e que superen a moderación do equipo da Compostela Literaria.