Autor: José G. Barral
Ano: 2022, Editorial Galaxia
Cita:
“Camiñaba pola rúa de San Pedro cara á zona monumental percorrendo o itinerario dos peregrinos franceses. O ceo estaba cuberto, chovera pola tarde e a pedra cubriuse dun manto satinado de auga, aspecto peculiar do empedrado compostelán que pode manterse durante semanas. O brillo laranxa da luz dos farois repartíase na atmosfera húmida. Nas proximidades da praza de Cervantes os relfexos dos establecementos comerciais rompían a quietude do itinerario pétreo.”
Máis información: Editorial Galaxia