Saltar ao contido

O crime da rúa da Moeda Vella

    Autor: Román Raña

    Ano: 1989, Edicións Xerais

    Cita:

    “¿Sabes o que máis me impresionou de Santiago? Ben, alén da catedral e dos monumentos consabidos, o que máis efecto me produciu foi o patio de San Martiño Pinario. Antonte entrei no edificio e vin unha fonte no medio do claustro. Subín ao primeiro andar. Acobadeime entre as arcadas e as columnas do corredor. O sol iluminaba aquel atrio con luz confidencial. Desde arriba contemplei o chafariz. Entón ouvín con arrebatadora nitidez o son da fonte, as augas caíndo cadenciosas sobre a pedra. Foi enaltecedor. Cada gota salpicaba a miña alma até quebrala sen remedio. Fiquei durante dúas horas ouvindo aquela manancial intensidade sonora.”

    Máis información: Edicións Xerais