Valdoviño, 1976
Xornalista e escritora, licenciada na Universidade de Santiago de Compostela. Colabora habitualmente en distintos medios de comunicación impresos e dixitais, que complementa co seu traballo no Consello da Cultura Galega. Publicou diversas novelas e libros infantís e xuvenís.
Obras destacadas
- Eu de maior quero ser (1999, Sotelo Blanco).
- Son Galega (2001, Laiovento).
- Corazóns amolecidos en salitre (2002, Laiovento. Premio Carvalho Calero).
- Resistencia (2002, Edicións Xerais. Premio Arcebispo Xoán de San Clemente).
- Veu visitarme o mar (2004, Edicións Xerais. Premio Antón Losada Diéguez ).
- O xardín da media lúa (2004, Editorial Galaxia).
- Os ourizos cachos e o gran río gris (2008, Editorial Galaxia).
- Sol de inverno (2009, Edicións Xerais. Premio Xerais).
- Ás de bolboreta (2009, Edicións Xerais. Premio Fervenzas Literarias e Premio The White Ravens, Internationale Jugend Bibliothek).
- Ámote Leo A. Destino Xalundes (2013, Edicións Xerais).
- Ámote Leo A. Estación de tránsito (2014, Edicións Xerais).
- Ámote Leo A. Terminal de… chegadas? (2014, Edicións Xerais).
- A batalla da pequena Chañan Curi Coca (2017, Edicións Xerais).
- Orestes perde o sentido! (2019, Edicións Xerais).
- Xelís, o guieiro das botellas de mar (2019, Edicións Xerais. Premio Merlín de Literatura Infantil).
- Tres bichicomas, dúas illas e unha serea (2020, Edicións Xerais).
- Sibila (2021, Edicións Xerais).
- Catro plumas de dinosauro (2022, Edicións Xerais).
Fotografía: Arquivo AELG
Máis información: AELG