Saltar ao contido

Séchu Sende

    Padrón, 1972

    Filólogo, escritor e mestre afincado en Compostela. Iniciouse como poeta vinculado ao Colectivo Poético Serán Vencello, formando parte da xeración dos 90. Máis tarde, comezou a escribir narrativa e textos seus foron traducidos ao ruso, checo, croata, bretón, sardo, catalán ou asturiano. Foi un dos fundadores do proxecto editorial Letras de Cal e sempre estivo ligado de forma moi importante ao activismo lingüístico e a movementos sociais como as plataformas Nunca Máis e Burla Negra.

    Obras destacadas
    • Orixe (2004, Editorial Galaxia. Premio Blanco Amor).
    • Made in Galiza (2007, Editorial Galaxia. Premio Ánxel Casal).
    • Animais (2010, Através Editora).
    • Os cavalos estám a viver as nossas vidas (2011, Amastra-N-Gallar).
    • O caçador de bruxas (2011, Edicións do Trece).
    • A República das Palavras (2015, Através Editora).
    • O povo improvisador. Aventuras sobre regueifa e poesia oral (2022, Através Editora).

    Fotografía: Cedida por Séchu Sende

    Máis información: Wikipedia