Saltar ao contido

Xavier Queipo

    Santiago de Compostela, 1957

    É licenciado en bioloxía e medicina, ademais de escritor. Naceu en Compostela e residiu en Bruxelas até a súa recente xubilación. Recibiu numerosos premios como o Premio Xerais coa novela Extramunde e en 2015 o Premio Blanco Amor con Os kowa. Tamén recibiu o Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor do ano 2011, pola traxectoria da súa obra.

    Obras destacadas
    • Ártico e outros mares (1990, Edicións Positivas. Premio da Crítica española).
    • Contornos. Apuntes de filosofía natural (1995, Edicións Xerais).
    • O paso do noroeste (1996, Sotelo Blanco. Premio García Barros).
    • Malaria sentimental (1999, Sotelo Blanco).
    • Papaventos (2001, Edicións Xerais).
    • O ladrón de esperma (2001, Edicións Xerais. Premio Café Dublín).
    • Os ciclos do bambú (2004, Editorial Galaxia).
    • Pegadas (2006, El Correo Gallego).
    • Dragona (2007, Edicións Xerais).
    • A illa dos cangrexos violinistas (2009, Oqo Editora).
    • Extramunde (2011, Edicións Xerais. Premio Xerais e Premio Arcebispo San Clemente).
    • Os kowa (2016, Editorial Galaxia. Premio Blanco Amor).
    • Home invisible (2017, A. C. Caldeirón. Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas).
    • Corazón de manteiga (2020, Editorial Galaxia).
    • Final feliz (2022, Edicións Xerais).
    • Algoritmos (2022, Editorial Galaxia).

    Fotografía: Arquivo AELG – Distrito Xermar (2020)

    Máis información: Wikipedia