Catoira, 1960
Documentalista, tradutora e escritora asentada en Compostela, con formación en Xeografía e Historia e especializada en Biblioteconomía, Arquivística e Documentación. Colaborou en distintas publicacións periódicas e libros colectivos, ademais de realizar guións para cómics e escribir letras de cancións.
Desde o ano 2001 desenvolve a súa actividade literaria no portal culturagalega.org, onde tivo as seccións semanais Anxos e diaños, con Roberto Ribao, Anxos da garda e Crítica da memoria pura. Tamén tivo o espazo Somos perigosamente normais no Diario Cultural da Radio Galega.
Obras destacadas
- Anxos da garda (2003, A Nosa Terra. Premio da Crítica de Galicia de Creación Literaria no 2004).
- Melodía de días usados (2005, Galaxia).
- Así nacen as baleas (2007, Galaxia. II Premio de Narrativa Breve Repsol YPF no 2007 e Premio Arcebispo San Clemente no 2008).
- A lúa da colleita (2013, Galaxia. Premio García Barros no 2013, Premio da Crítica Española de 2013 e Premio da AELG á mellor obra narrativa do 2013).
Fotografía: Arquivo AELG – Santos-Díez (Ollo de Vidro-ACAB) (2010)
Máis información: AELG